05 outubro, 2025

erva respirada

 



Ladeira
 
As pedras refuxianse na súa música,
a aprendizaxe é lenta.
Só escarvamos, só rabuñamos.
 
As nubes non liberan os seus cabalos.
As sombras de ouro antigo
voltáronse cinzentos lombos
de animais durmidos.
 
Todos os días viaxamos sen rumbo
por descoñecidas pálpebras.


Anxo Pastor

 

Intemperie
 
Dorme enriba dos cartóns
coa radio na man.
                                             Tremente …
                                                             Flor e ferida.


 *

Herba respirada
 
Dunha aldea a outra
en camiños de néboa,
comenzou a escribir
o poema da herba.
 
Quizais antes da chegada
xurdan cousas…

Anxo Pastor