26 abril, 2024

outono (gris)



outono (gris)
 
o outono avanza
cos seus dedos de cinza
os seus dedos de luz que esmorece
 
olla prao horizonte minguante
comesto pola nada gris
pola nada húmida e borralleira
 
xa soamente fica
un anaco de terra
unha illa na brétema
cuberta de follas mortas
e unha árbore espida, lanzal
unha aura tremelicante
de venas escuras
 
o outono avanza
cos seus dedos de cinza
cos seus dedos de solpor gris
e vai murchando
a fronde da miña aura
folla a folla
faísca a faísca
 
Pablo Orza